O alcalde de Vilanova, acusado de incitar ao odio por uns comentarios sobre Carmela Silva
Publicado o 16/05/2019 16:16

O alcalde de Vilanova de Arousa terá que pasar polos xulgados por uns comentarios que fixo sobre a presidenta da Deputación de Pontevedra. O popular Gonzalo Durán declarará en calidade de investigado o próximo 25 de xuño.
Hai uns meses, durante unha rolda de prensa, cualificou a Carmela Silva como "a chacha para todo do ancián Caballero". A presidenta do organismo provincial decidiu presentar unha denuncia polo contido machista do comentario. O rexedor está acusado dun delito de incitación ao odio.