CRTVG

Buscar

O alcalde de Sevilla. Juan Espadas, competirá con Susana Díaz nas primarias do PSOE andaluz

Publicado o 09/05/2021 14:53

O alcalde de Sevilla, Juan Espadas, presentou hoxe a súa candidatura para disputarlle as primarias do PSOE andaluz a Susana Díaz.

Espadas quere ser o cabeza de cartel nas próximas eleccións autonómicas e representa o sector afín a Pedro Sánchez que pretende un cambio de liderado no partido.

O alcalde sevillano estivo acompañado polos secretarios provincias do PSOE de Granada, Xaén e Cádiz. No acto asegurou que é "o candidato da unidade" e que, en caso de gañar as primarias, contará con Susana Díaz para o futuro do socialismo andaluz.