CRTVG

Buscar

O alcalde de Santiago, "preocupado" ante o aumento de contaxios, pide prudencia no Nadal

Publicado o 23/12/2020 16:50

O rexedor lamentou que o dato de contaxios siga sendo negativo e amosouse preocupado. Por iso, Xosé Sánchez Bugallo apelou á responsabilidade individual e colectiva dos composteláns porque, do contrario, as consecuencias poderían ser dramáticas para a saúde das persoas.

Ademais asegurou que impoñer medidas máis restritivas despois das festas, tamén sería dramático para o comercio e a hostalería da cidade.

Ao alcalde preocúpalle tamén o difícil que está resultando saber a causa do aumento dos contaxios.






 

 

Noticias web

23/12/2020