CRTVG

Buscar

O alcalde de Portomarín Juan Serrano presenta a súa renuncia como rexedor

Publicado o 18/10/2021 12:41
O alcalde de Portomarín Juan Serrano presenta a súa renuncia como rexedor

O alcalde de Portomarín Juan Serrano (PP) presentou a súa renuncia como rexedor no concello que goberna con maioría absoluta. Accedeu ao cargo en 2011. A renuncia á Alcaldía foi presentada o pasado venres ao mediodía, segundo ratificaron fontes municipais, aínda que non transcendera. 

Serrano xa anunciara que non pensaba optar á reelección en 2023, aínda que o abandono causou sorpresa. Substituirao, previsiblemente, o tenente de alcalde Pablo Rivas. 

Noticias web

18/10/2021