CRTVG

Buscar

O alcalde de Ourense inicia os trámites para declarar tránsfugas aos catro edís díscolos

Publicado o 26/09/2020 15:13

O alcalde de Ourense iniciou os trámites para declarar tránsfugas aos catro edís díscolos.

Segundo unha nota de prensa enviada hoxe aos medios, Gonzalo Pérez Jácome di contar con documentación que acredita que el é o presidente e o representante legal de Democracia Ourensá e ameaza con denunciar a Miguel Caride e aos outros tres concelleiros por querer, di, "apropiarse do partido".

Lémbrase ademais a Xosé Manuel Baltar que Caride non pode ser o interlocutor do pacto na Deputación.
Gonzalo Jácome goberna Ourense con só dous edís máis.

 

Noticias web

26/09/2020