CRTVG

Buscar

O alcalde de Oleiros acampa para reclamarlle a Fomento melloras na N-651

Publicado o 13/11/2019 15:25

En Oleiros, o seu alcalde, Ángel García Seoane, inicia unha acampada de 48 horas a carón da estrada N-651. Recalama deste xeito do Ministerio de Fomento unha mellora dos accesos na área metropolitana da Coruña. 

A bordo desta furgoneta aparcada no cruzamento de Perillo ata o mediodía do venres. Así vai pasar as próximas horas o alcalde de Oleiros, que di non ter outra saída para que o Ministerio de Fomento cumpra co compromiso de mellorar unha estrada pola que pasan a diario máis de 90.000 vehículos.

Fomento colocou hai dous anos valos de obra neste treito da N-VI que obrigan os veciños da zona a chegar á Coruña para facer un cambio de sentido. Aínda así non é a única demanda do alcalde de Oleiros. Pide que se execute o proxecto de ampliación da Ponte da Pasaxe e tamén da Avenida de Alfonso Molina, dous proxectos de infraestruturas na área metropolitana da Coruña que permanecen paralizados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019