CRTVG

Buscar

O alcalde de Monterroso queda en minoría ao perder o aopoio dos independentes

Publicado o 13/08/2019 16:07
O alcalde de Monterroso queda en minoría ao perder o aopoio dos independentes

Crise de goberno en Monterroso, unha das dúas corporacións galegas que se constituíu máis tarde que o resto por unha reclamación na Xunta electoral. Os tres concelleiros que ían na mesma lista que o alcalde, o independente Antonio Gato, abandonan a formación e déixano só no grupo. Cando se faga oficial en pleno, a corporación quedaría formada polo alcalde, único concelleiro dos independentes; tres concelleiros do PSdeG; tres do PP; un de Compromiso e os tres non adscritos. O alcalde asegura que seguirá á fronte do Concello e que só se irá se o botan cunha moción de censura.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019