O alcalde de Madrid pedirá este xoves a declaración de zona catástrofica
Publicado o 13/01/2021 21:37
A neve aínda cobre practicamente todo Madrid. Sobre todo ás rúas máis pequenas, ás que dificilmente poden acceder as máquinas quitaneves. Custa aínda moverse por elas, así que non está de máis unha chamada á prudencia.
Seguen pechados por precaución todos os parques e zonas verdes. O aeroporto viviu outro día complicado polo xeo. Pero o metro e as liñas de buses urbanas van facilitando a mobilidade dos madrileños. Os danos da nevarada son cuantiosos. Varios centos de millóns de euros asegura o alcade que mañá pedirá a declaración de zona catastrófica.
Ignacio Aguado, vicepresidente da Comunidade, deixou aberta a posibilidade de que non todos os alumnos poidan volver ás clases o vindeiro luns.