CRTVG

Buscar

O alcalde de Lalín, José Crespo, e a súa muller, dan positivo por coronavirus

Publicado o 26/03/2020 17:08

O rexedor da localidade de Lalín, José Crespo, e a súa muller, deron positivo na proba do COVID-19, segundo anunciou o propoio alcalde nun vídeo que subiu ás redes sociais.   

"Esta mañá confirmáronme que Maribel e eu demos positivo nas probas do coronavirus que nos fixeron o pasado martes. Simplemente dicirvos que estamos os dous ben e que eu sigo traballando dende a casa para tentar paliar, na medida do posible, todos os problemas ocasionados por esta pandemia, que, como imaxinaredes, non son poucos", apuntaba José Crespo.

Tamén apuntou Crespo que dirixe o concello por vía telemática desde que notou "os primeiros síntomas" hai 15 días e que dende entón segue "os protocolos de seguridade sanitaria".