CRTVG

Buscar

O alcalde de Ferrol trasladará ao Goberno central as reclamacións de Navantia

Publicado o 24/06/2019 14:48

O alcalde de Ferrol comprométese a transmitirlle ao Goberno central, cando estea constituído, as peticións dos empregados de Navantia e da industria auxiliar. Reclaman a construción dun novo buque militar antes de que comecen as F-110.

O alcalde de Ferrol recibiu a representación dos traballadores de Navantia e da industria auxiliar que acudiu ao Concello co fin de pedirlle ao o seu apoio para evitar a destrución de emprego. Falta pouco para rematar os buques para Australia e a dos F-110 está prevista para principios de 2022. Por iso, reclaman a construción dun novo buque de apoio loxístico, un AAOR, para a Mariña española.

O alcalde comprometeuse a transmitirlle esta petición ao Goberno central cando estea constituído. Os traballadores calculan que despois do verán, tras a botadura do buque para Australia, comezarán os despedimentos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019