CRTVG

Buscar

O alcalde de Fene perde o carné por triplicar a taxa de alcoholemia

Publicado o 25/11/2019 15:40
O alcalde de Fene perde o carné por triplicar a taxa de alcoholemia

O alcalde de Fene perde o seu carné de conducir por triplicar a taxa de alcoholemia ao volante. Foi o pasado día dez, coincidindo coa xornada de eleccións.

Nun control de Tráfico, Gumersindo Galego deu positivo nas probas que lle fixeron os axentes da Garda Civil, cun resultado de 0,80 miligramos de alcohol por litro en aire espirado. Foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria e no xuízo rápido que xa se celebrou en Ferrol aceptou unha pena de multa de 600 euros e a retirada do carné durante 244 días.

Noticias web

25/11/2019