CRTVG

Buscar

O alcalde de Corcubión analiza coa Garda Civil como evitar 'macrobotellóns' coma o do pasado sábado

Publicado o 17/08/2021 15:42

A berros de "corre, corre" escapaban en desbandada os mozos asistentes a un macrobotellón en Corcubión, na praia de Quenxe, ao presentarse no lugar unha patrulla da Garda Civil. As imaxes foron gravadas por veciños da zona que avisaron os axentes ante semellante festa ao aire libre e cuns catrocentos participantes. Segundo confirmaron fontes da Garda civil, o vehículo en que viaxaban os axentes recibiu ao chegar ao lugar varias pedradas lanzadas desde a praia.

Os datos da pandemia en Corcubión e na veciña localidade de Cee non son nada bos, con incidencias acumuladas a 14 días que superan os 500 casos por cen mil habitantes. Ante estes feitos que non axudan a mellorar a situación para nada, os veciños piden respecto á mocidade.

Aínda non se produciron arrestos de ningún dos implicados, pero a Garda civil xa abriu dilixencias para investigar o acontecido.

Noticias web

17/08/2021