CRTVG

Buscar

O alcalde de Cerceda, Xosé García Liñares, anuncia a súa dimisión tras confirmarse a inhabilitación

Publicado o 14/01/2020 13:07
O alcalde de Cerceda, Xosé García Liñares, anuncia a súa dimisión tras confirmarse a inhabilitación

O alcalde do Concello de Cerceda, Xosé García Liñares, anunciou este martes a súa dimisión tras confirmarse a súa inhabilitación durante oito anos por un delito de prevaricación administrativa.

O alcalde do Concello de Cerceda, A Coruña, Xosé García Liñares, anunciou este martes a súa dimisión tras confirmarse a súa inhabilitación durante oito anos por un delito de prevaricación administrativa. O anuncio prodúcese unha semana despois de que a sección primeira da Audiencia coruñesa ratificara a condena a oito anos de inhabilitación ao aínda rexedor por "irregularidades" na contratación das obras do xardín botánico.

Este martes, nunha comparecencia, García Liñares confirmou que se efectuará nos próximos días a súa marcha do concello que goberna desde hai case 25 anos.

O rexededor de Cerceda encabezara as listas do PSdeG nas pasadas eleccións municipais, pero tras fixarse a data para a celebración do xuízo contra el abandonou a formación socialista.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí