CRTVG

Buscar

O agro galego non contempla, polo momento, mobilizacións polos baixos prezos

Publicado o 07/02/2020 15:23

Din que padecen do mesmo: prezos baixos que non cobren custos de produción e marxes abusivas na comercialización. "Entre o que lle pagan a un agricultor de Xinzo por un quilo de pataca e a como paga o consumidor haxa un setencentos por cento", asegura Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias.

Pero en Galicia o peso do campo está na gandería, que nestes momentos negocia o prezo do leite en sete mesas abertas coa industria. "E dependendo de como evolucionen esas negociacións poñerémoslles data ás mobilizacións", din desde Unións Agrarias.

Para evitalas marcan un obxectivo. "O factor determinante é que non se poida pagar por debaixo do que custa producir. E a partir de aí que funcione o mercado".

O Goberno central quere tratar este asunto coas comunidades o martes. Galicia pedirá cambios lexislativos que garantan rendas dignas. "Que lexisle para poder evitar prácticas abusivas ou desleais que poñan en perigo o obxectivo fundamental de que ningún agricultor ou gandeiro galego e español cobre un prezo que non cubra cando menos os custos de produción e unha marxe de beneficio", afirma José González, conselleiro do Medio Rural.

Para conseguilo, pedirá ao Goberno grupos de traballo coas comunidades autónomas.

Noticias web

07/02/2020