CRTVG

Buscar

O afectado por coronavirus da Gomera dá positivo na segunda análise

Publicado o 04/02/2020 18:02
O afectado por coronavirus da Gomera dá positivo na segunda análise

A segunda análise realizada ao cidadán alemán hospitalizado na Gomera por coronavirus deu positivo, informou este martes o presidente do Gobierno de Canarias, Ángel Víctor Torres. A súa evolución é positiva, non ten febre, xa pasaron dez días desde a súa infección e nos próximos días realizaráselle unha nova análise, explicou o presidente nunha comparecencia #ante os medios. Os seus catro compañeiros de viaxe que foron illados no Hospital da Gomera por prevención deron negativo por segunda vez nas análises, de maneira que serán dados de alta.