CRTVG

Buscar

O aeroporto de Santiago segue nunha perda constante de voos debido á covid−19

Publicado o 16/10/2020 09:36

O sector aéreo non vive o seu mellor momento. As aeroliñas enfróntanse a un futuro especialmente incerto e xa se nota nos aeroportos. En Santiago, por exemplo, perdéronse 41 voos diarios, e o axuste aínda non rematou. 

É un reaxuste tanto de voos como de persoal porque estamos atravesando unha tormenta debido á covid−19. En todos os aeroportos de AENA descendeu en total 150 millóns o número de pasaxeiros con respecto ao ano pasado.

Nas últimas horas tamén coñecemos a sentenza sobre a folga de controladores de hai dez anos. Cento trinta e un controladores e o xestor aeroportuario AENA terán que pagar multas de entre 15.000 e 31.500 euros por abandono do servizo público na folga de decembro de 2010. E  AENA, agora ENAIRE, é condenada como responsable civil subsidiaria. A sentenza establece unha indemnización de 13 millóns aos prexudicados polo peche do espazo aéreo.

A xuíza considera probado  que os controladores abandonaron os seus postos e paralizaron o tráfico aéreo como mecanismo de presión laboral.

 

Noticias web

16/10/2020