CRTVG

Buscar

O aeroporto de Santiago, o primeiro en recuperar os voos en Galicia

Publicado o 19/06/2020 15:13

En Galicia, o aeroporto da Lavacolla será o primeiro en recuperar a actividade a partir do domingo. Nunca pechou durante a crise da covid-19, pero funcinaba en mínimos comerciais. A partir do domingo recupera os voos a Canarias, Valencia e Sevilla. E seguirán medrando en xuño ata nove destinos nacionais, cunha media de entre 8 e 10 operacións diarias.

As primeiras rutas europeas chegarán o 1 de xullo: Milán, Malta ou París. Nesa data tamén se recuperará a actividade en Alvedro e Peinador. A reincorporación será paulatina.

As.medidas de seguridade sanitaria condicionarán o movemento dos viaxeiros desde este xiro porta. Só poderán pasar as persoas con billete.

"Tes que cumprir todas as normas de seguridade: máscara, un certo distanciamento", explica un pasaxeiro.

Dixstanciamento de metro e medio... Para preservalo: megafonía, pantallas de información e sinais no chan nos mostradores de facturación, nos accesos á zona de embarque e na recollida de equipaxe.

O director do aeroporto engade que "ao longo de todo o percorrido polo aeroporto hai ata cen dispensadores de xel hidroalcólico para o lavado de mans". 

E inisite en que a desinfección será constante."de todos aqueles elementos ao longo do procreso aeroportuario que poidan ser tocados ou manipulados polo pasaxeiro. Por exemplo, as bandexas que se usan para os controis de seguridade", di Ricardo López.

Todos os espazos teñen limitación de acollida: desde os aseos ata os bancos de espera, e os ascensores. Nos voos internacionais haberá máis control: con cámara termográficas para medir a temperatura e zona médica.

Os viaxeiros cren que está "ben preparada fóra do avión pero unha vez que te metes no avión...", pero asumen que "hai que costumarse. Non queda outra". Tamén ás despedidas e aos abrazos de reencontro de portas para fóra.

 

Noticias web

19/06/2020