Os aeroportos galegos fan fronte ao aumento de tráfico cos tests de antíxenos
Para que os casos activos sigan baixando, continúan as probas masivas para detectar asintomáticos, como as que se están facendo nos aeroportos galegos. É o caso do aeroporto Rosalía de Castro, que vive hoxe o día con máis actividade de toda a Semana Santa.
Son os primeiros pasaxeiros do día. Entre eles encontramos estudantes que acaban de pasar a proba.
E viaxeiros sorprendidos por poder facer o test de antíxenos de balde.
Outros din que viaxan por motivos de traballo. Yurubí e a súa filla trasládanse a vivir a Santiago e fixeron a proba pensando no maior co que van convivir.
Está previsto que por esta terminal pasen durante o venres máis de tres mil pasaxeiros, no día de más actividade da Semana Santa. Hai quen vén coas probas feitas antes de subir ao avión.
Cando o próximo luns remate a Semana Santa o aeroporto sumará 24.000 pasaxeiros e 160 voos, a maior parte, nacionais. Outros douscentos operarán na Coruña e Vigo. E, de momento hai, dous positivos nos tests, que se confirman con PCR.