O aeroporto de Peinador perde un 70 % de pasaxeiros en 2020
O aeroporto de Vigo pechou o 2020 con 303.000 pasaxeiros, cando en 2019 acadaran máis dun millón. Son datos facilitados nas últimas horas por AENA. O motivo está claro, foi un ano moi complicado polas restricións da movilidade e a suspensión da práctica totalidade das liñas aéreas.
Con esta cifra o aeroporto vigués retrocede a nives de hai 30 anos. Aínda así, a caída de Peinador sitúase 2,4 puntos por debaixo da media nacional. En canto ao número de operacións foron case 5.600, un 51 por cento menos. O aeroporto de Vigo deixa atrás un ano que trastocou todas as previsións.
No que desapareceron algunhas compañías como Air Nostrum e se suspenderon case todos os enlaces. Xa este ano Iberia sumará máis voos semanais en Peinador dende febreiro, pero a situación segue a ser moi complicada, por exemplo, a compañía Vueling xa deixou Vigo sen a conexión con Barcelona ata marzo.