CRTVG

Buscar

As protestas en Hong Kong obriga a cancelar todos os voos no aeroporto

Publicado o 12/08/2019 11:42

As protestas dentro do aeroporto de Hong Kong comezaron o venres pero a situación de hoxe levou a que se cancelaran todos os voos de saída, dende as catro da tarde, hora local, as oito da mañá en España. Segundo os seus responsables, é a causa dos incidentes rexistrados, porque os pasaxeiros tiveron problemas para facturar e interrompeuse gravemente o servizo. A policía informou de que hai máis de cinco mil manifestantes nas instalacións, tras convocaren unha multitudinaria sentada.

O aeródromo de Hong Kong é clave na comunicación aérea mundial: é o terceiro de Asia en número de pasaxeiros e o primeiro do mundo en transporte de carga dende o ano 2010. 

A situación recrúase despois dun domingo que xa é a xornada de maior violencia tras dez semanas consecutivas de disturbios. O Goberno chinés asegura que se detectaron os primeiros signos de terrorismo entre os manifestantes. 

O motivo destas mobilizacións é protestar contra un proxecto de lei de extradicións que permitiría enviar presuntos delincuentes á China continental para seren xulgados. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí