CRTVG

Buscar

Os avións xa operan en Baraxas desde esta noite, e os trens circulan en Madrid

Publicado o 10/01/2021 16:33

A reapertura de Barajas xa é unha realidade. Iberia informou de que operará xa esta mesma noite con sete voos de longo percorrido, despois de que o aeroporto Madrid-Adolfo Suárez permanecese pechado desde o venres pola noite pola situación derivada da borrasca Filomena.

As primeiras conexións previstas eran con Miami e Santo Domingo. Tamén prevían no aeroporto durante a noite máis operacións de saída e algunhas chegadas a medida que se dean as condicións.

O traballo dos militares enviados por Defensa aceleraron o regreso á normalidade coa limpeza das pistas e o traslado de persoal para o control do tráfico aéreo.

Renfe tamén restablece a circulación de trens

Madrid tamén recuperou aos poucos o tráfico ferroviario de longo percorrido desde primeiras horas da tarde do domingo coa circulación dun tren desde a estación de Chamartín con destino a Santander. Tamén saíu o primeiro AVE a Valencia. A alta velocidade a Barcelona ten máis problemas polos estragos de Filomena en Cataluña. Non circularán durante a xornada os trens do eixe nordés (Madrid-Barcelona, Huesca Logroño e Pamplona).

 

 

Noticias web

10/01/2021