CRTVG

Buscar

O aeromodelismo agarda pola ampliación de horarios

Publicado o 25/05/2020 16:46

As instalacións de Santa Mariña, en Ourense, reabriron as súas portas, aínda que, de momento, será con cita previa.

Os amantes do aeromodelismo agardan que a desescalda chegue tamén a este deporte coa ampliación das franxas horarias para poder aproveitar mellor as horas de luz.

Os responsables destes recintos aseguran que, ao ser estes ao aire libre, non será dificil manter as medidas de seguridade.

Ao igual ca noutras disciplinas deportivas, os campionatos oficiais están suspendidos e, de monento, só lles queda seguir adestrándose.




 

Noticias web

25/05/2020