CRTVG

Buscar

O ADN gañador do Deportivo Liceo segue vixente 28 anos despois

Publicado o 27/11/2019 20:41

O Liceo igualou o seu mellor rexistro de vitorias seguidas nun arranque de temporada: dez. Pasan os anos, pasan os xogadores, pero algo se mantén.

"O ADN do Liceo é isto. Por eles. Eles comezaron o camiño. Validaron unha filosofía de club e as directivas que seguiron buscaban iso. Agora nós chegamos nesa evolución 5.0 do Liceo, pero si temos ese ADN e fixámonos moito neles", asegurou Dava Torres.

Do actual equipo, só Carles Grau nacera en 1991. 28 anos despois, a filosofía do Liceo é o único que non cambiou no hóckey.

"Todo se estuda, todo se ve. Antes todo era moi intuitivo. Cambiou moito. No Liceo cambiou relativamente pouco. Segue tendo ese espírito de gañar, quere gañar todos os partidos, non dá un partido por perdido. Iso é o máis importante, que se transmite de equipo en equipo e de xeración en xeración", dixo Willy Duarte, xogador do Liceo en 1992 e actual directivo do club.

O club xuntou xogadores de 1991 e do equipo actual nun faladoiro en que se valorou o aumento do número de afeccionados nas bancadas do Palacio dos Deportes de Riazor. 

"Para min iso é máis importante que as dez vitorias. Cada día vai máis xente máis fiel a nós. É un gustazo xogar diante de tanta xente. Iso quere dicir que algo estamos facendo ben. A idea é seguir por aí", advertiu o adestrador, Juan Copa.

O Deportivo Liceo xogará este sábado na pista do Taradell. Unha vitoria suporía un novo récord.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/11/2019