CRTVG

Buscar

O administrador xudicial de Alu Ibérica decide o cesamento toal da actividade na factoría

Publicado o 27/08/2021 21:35
O administrador xudicial de Alu Ibérica decide o cesamento toal da actividade na factoría

O administrador xudicial de Alu Ibérica, as antigas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, decidiu o cesamento total da actividade na factoría coruñesa.

Segundo explica o comité de empresa da fábrica herculina xa se lle trasladou ao persoal que a empresa concederá licenzas retribuídas para todos os traballadores, que de maneira temporal deixarán as escasas operacións que estaban realizando nas instalacións. 

Sinalan que a falta de liquidez e o problema que isto supón para poder garantir as condicións de saúde e seguridade motivaron que o administrador decidise baixar a persiana.

Noticias web

27/08/2021