CRTVG

Buscar

O Adif prevé que o AVE a Galicia estea listo en xuño de 2021

Publicado o 27/02/2020 15:37

O director xeral do ADIF confirma un atraso na finalización das obras do AVE. Segundo Juan Pablo Villanueva, os traballos estarán rematados en xuño deste ano. 6 meses despois do inicialmente previsto.

Foi durante unha visita ao treito entre Pedralba e Taboadela, en Ourense. O AVE estaría en funcionamento en Galicia en xuño de 2021.

Nun comunicado, a Xunta lamenta o atraso de seis meses que xa admite o ADIF, e asegura que é incorehente concretar o mes de entrada en servizo do AVE cando aínda non empezaron as probas de seguridade. A Consellería de Infraestruturas recrimínalle ao Goberno central a falta de información oficial sobre a evolución das obras, e lamenta que aínda nos responderan á solicitude dunha
comisión de seguimiento, semellante ás que existen noutras comunidades.



 

Noticias web

27/02/2020