O Adif agarda dende hai cinco meses a que o Consello de Ministros autorice a remodelación da intermodal da Coruña
Publicado o 05/11/2019 15:32
O administrador das infraestruturas ferroviarias aprobara o pasado mes de xuño o procedemento para adxudicar as obras de remodelación desta estación de San Cristovo. Desde entón agarda que o Consello de Ministros autorice o inicio do concurso.
Estas obras servirán para adaptar a estación á chegada da alta velocidade, onde compartirá espazo coa media distancia e tamén cos autobuses que neste momento ocupan outro edificio. O presuposto da obras achégase aos 50 millóns de euros e teñen un prazo de execución que superará os dous anos.