CRTVG

Buscar

O adestrador da selección chinesa de fútbol praia, pendente desde Galicia da corentena dos seus xogadores

Publicado o 14/02/2020 15:21

Un galego que tería que ir á China pero non pode. É Ramiro Amarelle, o adestrador da selección nacional de fútbol praia. Visitou Ponteceso polas festas de Nadal e aquí segue pendente da volta á normalidade no país asiático.

Os seus goles coverteron o pontecesán Ramiro Amarelle nunha lenda mundial do fútbol praia. Hai 3 anos marchou á China para adestrar a selección nacional, toda unha experiencia agora interrompida polo coronavirus.

Vive pendente dos seus xogadores, coas que mantén contacto telefónico. Malia que ningún é de Wuhan nin tivo contacto co virus, manteñen corentena voluntaria nas súas casas pendentes da evolución dos acontecementos.

O partido complicouse, pero Amarelle confía en poder volver reunirse pronto cos seus xogadores. Aínda que sexa en Mallorca, onde xa tiñan previsto concentrarse durante os meses do verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020