CRTVG

Buscar

O adestrador celeste asume as debilidades do equipo

Publicado o 28/10/2019 15:27

Hai vinte días, tras gañar ao Athletic, Fran Escribá negaba rotundo o últimato do club. Dúas derrotas máis tarde, e con só cinco goles marcados en dez partidos, o técnico valenciano asume a súa debilidade.

Os xogadores, de momento, respaldan ao adestrador pero no grupo saben dos problemas, tras un Celta-Real Sociedade no que os vascos fixeron gala dun rendemento superior cun esforzo mínimo.

O relatorio de Beltrán lembra a aquela famosa retrucada de George Best falando de David Beckham: "Non vai ben coa zurda, non sabe cabecear, non sabe recuperar balóns e non mete goles. Polo demáis, todo está ben".

A compracencia non lle vale a Escribá, que mesmo acepta as dificultades de saír a adiante cun Aspas fóra de fase.

O calendario dalle a Esccribá un tempo extra co partido do mércores en Sevilla. Agarda o Betis, co seu técnico tamén moi cuestionado.

 

Noticias web

28/10/2019