CRTVG

Buscar

O acusado do crime da CAM anticipou a súa detención no velorio da súa sogra

Publicado o 21/10/2019 14:32

Unha das voces que se puideron escoitar na sexta sesión do xuízo foi a de María de los Milagros Jaén, asistenta da familia durante dúas décadas. Ela corrobora a mala relación que existía no seo da familia Sala. Especialmente despois de que o primoxénito, Vicente Sala, se puxera á fronte do negocio familiar. Algo que as outras tres fillas da viúva do ex-presidente da CAM -dixo- non aceptaban.

E facía esta definición do único sospeitoso do crime: "Don Miguel é de natureza nerviosa, ten pronto e ten un ton de voz alto, cando fala escoítaselle máis que a ninguén".

Nesta nova xornada de declaracións tamén transcendeu que Miguel López anticipou a súa propia detención e que estaría en prisión preventiva, nunha conversa que mantivo cun amigo da familia durante o velorio da súa sogra.

En total, seis testemuñas declaran este luns ante o xurado popular, co obxectivo de botar luz sobre o crime de María del Carmen Martínez, viúva do ex-presidente da antiga Caixa de Aforros do Mediterráneo, e asasinada en decembro de 2016, tras recibir dous impactos de bala na cabeza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019