CRTVG

Buscar

O acusado de matar o irmán en Sigüeiro declara este xoves

Publicado o 23/09/2020 20:09

O autor confeso do crime de Sigüeiro segue á espera de pasar a disposición xudicial. Agárdase que declare ante a xustiza este mesmo xoves.

O home acudiu o martes ao Xulgado de Paz para confesar que matara o irmán cun coitelo. Segundo el mesmo relatou, os dous estaban bébedos e tiveron unha pelexa. A Garda Civil atopou na vivenda do detido o cadáver do irmán con sinais de morte violenta. Ao suposto agresor tiveron que atendelo nun centro de saúde porque tamén presentaba feridas.

Os que o coñecían tíñano por unha persoa tranquila.

O detido está nestes momentos no cuartel de Lonzas.

Noticias web

23/09/2020