O acusado de intentar asasinar a exparella en Vimianzo di que foi ela quen se autolesionou
"Eu non a agredrín". Así de rotundo negou o procesado ser autor do delito polo é investigado. Mesmo chegou a dicir na súa declaración que fora a propia vítima quen se autolesionou co coitelo. "Achegou o coitelo cunha man ao pescozo. Foi aí cando eu me abalancei sobre ela.
Ela non quixo soltar o coitelo en ningún momento. Forcexamos e caemos ao chan", declarou o acusado.
"Ela sorprendeuno cun coitelo e pediulle retomar a relación. El intentou quitarllo, forcexaron, caeron ao chan e acabou ela con máis lesións que o meu cliente", di Joaquín Martínez, o avogado da defensa.
O acusado engadíu que ao ver o charco de sangue entrou en estado de shock e que fuxíu do lugar desorientado e "tolo perdido". Porén, a vítima asegurou que era el quen insistía repetidamente en retomar a relación e que ese 15 de maio de 2019 lle asestou varias coiteladas no pescozo na oficina de Unións Agrarias de Vimianzo onde traballaba.
"Eu defendinme todo o que puiden, revolvinme todo o que puiden. Vin que non era capaz fisicamente e díxenlle: cariño, cariño, tranquilízate, imos falar que isto podemos solucionalo aínda, podemos volver. El o único que me dixo foi: isto xa non ten solución", declarou a vítima.
A acusación pública pide para el 14 anos de cadea, mentres que a particular e a popular ascenden a pena aos 16 anos de prisión. A defensa pide a libre absolución.
O xuízo continúa o próximo xoves.