O acusado de abusar sexualmente de dúas menores en Ourense acepta dous anos de prisión
Publicado o 12/11/2020 15:12
Acordo nun xuízo por abusos sexuais a dúas menores en Ourense. O acusado aceptou dous anos de prisión e tres de afastamento das vítimas que no momento dos feitos tiñan 13 anos.
Segundo a Fiscalía, o home abordounas na rúa e fíxolle tocamentos a unha delas. Dous días despois chamou á casa da outra menor, que levaba tempo vixiando, e fíxolle proposicións sexuais.
A nena tivo que ser atendida no hospital debido a unha crise nerviosa.