CRTVG

Buscar

O actor Richard Gere leva víveres ao Open Arms: "Non estades sós"

Publicado o 09/08/2019 18:10

O actor Richard Gere sumouse este venres cargado de víveres ao barco de Proactiva Open Arms con 121 migrantes a bordo que buscan porto seguro para desembarcar despois de oito días, segundo informou a ONG catalá na súa conta de Twitter.

Gere, que se uniu á tripulación do barco ataviado cunha camiseta da organización, chegou cun iate e unha pancarta en que se podía ler 'You are not alone' (Non estades sós) e un corazón.

Nasi maxes, pódese ver como o actor estadounidense axuda a descargar froitas, verduras, pan e outros víveres, e como mostra imaxes no seu móbil a algúns migrantes.

"Ser pai non entende de cores nin fronteiras", afirma a organización nun chío.

Gere subiu ao Open Arms acompañado do fundador da entidade, Óscar Camps, e repartiu comida á tripulación e aos migrantes.

 

 

 

 

 

Noticias web

09/08/2019