CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O actor Álex Angulo morre en accidente de tráfico

Publicado o 20/07/2014 21:31

Álex Angulo, de 61 anos, participou en case 50 películas e foi candidato en tres ocasións aos Goya

O actor Álex Angulo faleceu esta tarde nun accidente de tráfico na localidade de Fuenmayor, na Rioxa.

O sinistro ocorreu preto das cinco e media cando o coche en que viaxaba saíu da vía por razóns que aínda non se coñecen.

Álex Angulo, de 61 anos, participou en case 50 películas, como "El día de la bestia", "Los peores años de nuestra vida" ou "El gran Vázquez" e foi candidato en tres ocasións aos Goya.
Tamén traballou no teatro e en moitas series de televisión, entre elas "Periodistas".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí