CRTVG

Buscar

O actor Jussie Smollett enfróntase a unha grave pena por finxir un ataque de odio

Publicado o 09/03/2019 14:11

Un gran xurado de Chicago acusou o actor estadounidense de televisión, Jussie Smollett, por dezaseis delitos graves, por organizar un ataque de odio para o seu beneficio persoal, presentando un informe policial falso.
Smollett, de 36 anos, raza negra e que se declara homosexual, enviouse a si mesmo unha carta con ameazas e despois contratou a dúas persoas para simular un ataque na rúa no centro de Chicago.
O caso atraeu o interese de políticos, comentaristas e celebridades, pero finalmente descubriuse que era falso, e só trataba de explotar as ansias do público sobre pensamentos políticos e raciais, ao tempo que buscaba aumentar o caché do actor, a quen xa retiraron dos últimos episodios do programa no que interviña.
 

Noticias web

09/03/2019