CRTVG

Buscar

O actor ferrolán Javier Gutiérrez recibe o premio Cineuropa

Publicado o 14/11/2020 22:57

Hai pouco máis dunha hora que o actor ferrolá Javier Gutiérrez recibía o premio Cineuropa.
Este era o momento en que o gañador de dous Premios Goya polos seus traballos en ''La Isla Mínima'' e en ''El autor'' recollía o galardón que pretende distinguir desta maneira o seu traballo infatigable, din desde Cineuropa, sempre capaz de transmitir veracidade a través das personaxes que interpreta. Precisamente, nese mesmo escenario, no Teatro Principal da capital galega, Gutiérrez era o encargado de entregar hai tres anos o mesmo galardón que hoxe recibe.
 

Noticias web

14/11/2020