CRTVG

Buscar

O acoso escolar durante a pandemia non se detivo, pasa das aulas ás redes sociais

Publicado o 24/05/2020 19:51

Cos centros educativos pechados dende hai máis de dous meses, o acoso escolar semellaría aparcado. Pero non é así. Algúns rapaces séntense agora seguros na casa, e vanse resistir á volta ao colexio. E outros, empeoraron a súa situación ao estaren inmersos nas redes sociais durante a corentena.

Sentirse fóra do grupo, recibir insultos, humillacións ou ameazas. Os pesadelos dun adolescente nacen na forma en que agora se relacionan: nas redes sociais.

En Galicia estímase que entre un dez e un quince por cento da poboación infantil e adolescente sofre acoso escolar. Os expertos apuntan a cifras superiores nas que se suma tamén este ciberacoso. Porque a algúns o confinamento facilitoulles un refuxio e para outros supúxolles un pesadelo sen descanso 24 horas ao día.

ANABEL MOSQUERA Pedagoga e responsable do proxecto do Concello de Narón de uso das redes sociais para adolescentes. 1:07 Si que é verdade que os nenos e nenas que o estaban sufrindo fundamentalmente no centro académico estarán vivindo unha situación de alivio e de máis tranquilidade. É moi probable que neses casos sexan resistentes a volver á escola. O caso de rapaces que o están vivindo a través das redes sociais é moi probable que se incrementara, porque o que si sabemos é que no confinamento as horas de uso e conexión ás redes sociais multiplicáronse.
Detectar o acoso escolar non é sinxelo. Nin sequera os rapaces ás veces son conscientes de ser vítimas ou acosadores. Nestes tempos de pandemia a detección de sinais complícase. Precisa observación e comunicación.
"Sobre todo ter comunicación cos fillos máis aló do rendemento académico. 1:10 Que parece moitas veces que nalgúns casos a gran preocupación é o rendemento académico, e si que é importante estar atento a cuestións como que tal cos compañerios, se lle gusta ir á escola, como se atopa alí" 1:28

A prevención parte dunha educación en valores baseada na empatía e no uso de redes sociais para establecer relacións sas. É importante establecer unhas normas e límites no uso de Internet.

 "É obvio que as idades de inicio nas pantallas están baixando. O momento de inicio das pantallas é un momento educativo delicado no que hai que poñer pautas, límites, supervisar que se usen para facilitar as relación e non para que se convertan as relacións nunha batalla entre iguais nos adolescentes".0:54

A fundación ANAR xestiona o teléfono contra o acoso escolar 900 018 018. Gratuíto e anónimo, está operativo as 24 horas e reforzado nesta crise do coronavirus.

Noticias web

24/05/2020