CRTVG

Buscar

O achado dun matrimonio alemán eleva a 12 o número de mortos nas riadas de Mallorca

Publicado o 11/10/2018 21:14

O achado dos cadáveres dun matrimonio alemán eleva a 12 o número de mortos pola riada de San Llorençs. Os traballos céntranse agora en atopar o neno de cinco anos que permanece aínda desaparecido. Nas últimas horas os equipos de rescate atoparon a súa mochila, pero non hai rastro do pequeno. A busca esténdese por varios quilómetros, tanto no interior coma na zona de costa. Están traballando máis de 800 efectivos, e tamén está colaborando activamente a familia do neno, que lembren, perdeu tamén outro membro, a nai do propio pequeno que ía con el no coche. Hoxe, efectivos da UME atoparon os cadáveres do que con toda probabilidade son unha parella de alemás que faltaban desde o martes á noite.  Os reis visitarán mañá a zona afectada polas inundacións

Uns 800 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, da Policía, dos bombeiros e da Garda Civil rastrexan palmo a palmo o terreo en busca do neno de cinco anos que aínda está desaparecido. Viaxaba coa súa nai e cunha irmá nun coche. A muller logrou poñer a nena a salvo antes de que a riada arrastrara o vehículo con ela e co pequeno dentro. A busca exténdese por unha zona de varios quilómetros.

Antonia Bauzá, tenente de alcalde de Artá, "Perdeuse aquí en San Lorenzo, e hai catro quilómetros de torrente e despois acaba no mar... Esto é unha busca infinita" Os servizos de urxencia atoparon ao mediodía os cadáveres dunha parella alemá, de 63 e 61 anos, que faltaban desde o martes. Foi a súa propia familia a que alertou de que estaban na zona. Polo momento non hai constancia de máis desaparecidos, pero non se descarta nada.

Catalina Cladera, conselleira de Administracións Públicas do Goberno balear "Non se descarta que poidan aparecer máis desaparecidos, sobre todo turistas, ou estranxeiros, dos que non se presentaron demandas. Pode pasar" Javier Moreno, Tenente Coronel da UME, "As labores de busca facémolas para todos, non buscamos o indicio dun neno, senon de calquera persoa que poida aparecer"

Dos doce falecidos, xa están identificadas oficialmente nove persoas, entre os que hai seis españois, unha muller holandesa e unha parella de nacionalidade británica.

Continúan os labores de limpeza e desentullo na zona cero da catástrofe

Todo o mundo bota unha man para que os veciños afectados poidan recuperar a rutina. Ademáis de bombeiros, protección civil e militares colaboran cos afectados centos de voluntarios chegados de toda a illa. Llorenç segue mostrando unha estampa estraña. A xente pon a secar os mobles e enseres que ainda son recuperables. Os servizos sociais van ir casa por casa para que os veciños  lles comuniquen as súas necesidades máis inmediatas e comezar a tramitar as axudas. Os bombeiros están comprobando que as vivendas non teñan danos estruturais que poñan en perigo a vida dos ocupantes.  Os colexios volverán abrir as súas portas o luns. Algúns servizos de urxencia denunciaron erros de coordinación entre os equipos que traballan sobre o terreo.

A tormenta perfecta provocada polos factores meteorolóxicos contou con varios aceleradores que multiplicaron o seu efecto devastador. A orografía montañosa, con numerosos torrentes que converxen en Sant Llorenç, sumado á edificación en valgadas, e mesmo á presenza de coches aparcados no curso fluvial seco, configurou o peor cóctel posible.

A riada mortal de San Llorenç tamén revelou fallos nos equipos de rescate. Bombeiros e Protección Civil de Palma de Mallorca criticaron que non se contase con eles para os labores, mentres chegaban reforzos da península, como o cento de de efectivos da UME. Os equipos de rescate tamén botaron en falta instrumental adecuado, como as bombas rurais pesadas que permiten acceder a zonas asolagadas. A traxedia de Mallorca tamén revelou fallos de coordinación entre os efectivos desprazados en San Llorenç. Case 700 persoas traballan hoxe na zona afectada pola riada.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018