CRTVG

Buscar

O achado da camiseta de Gabriel puxo o foco da investigación policial sobre Ana Julia Quezada

Publicado o 11/09/2019 13:30

Na Audiencia Provincial de Almería continúa o xuízo contra Ana Julia Quezada pola morte do pequeno Gabriel Cruz.

O tío do pequeno dixo que se sorprendeu polo nerviosismo mostrado pola acusada durante a busca do menor e os axentes que investigaron o caso coincidiron en que a Ana Julia pasou a ser a principal sospeitosa cando localizou a camiseta da Gabriel nun lugar onde xa buscaran anteriormente.

A terceira xornada do xuízo pola morte do pequeno Gabriel Cruz comezou co testemuño do xefe do grupo da Garda Civil de Almería que investigou o caso. O axente dixo que desde o principio a investigación centrouse no círculo máis próximo ao pequeno e que a aparición da camiseta colocada pola acusada nun lugar que xa fora inspeccionado anteriormente puxo o foco da investigación sobre Ana Julia Quezada.

O tío de Gabriel, que testemuñou a continuación, cualificou de boa a relación do neno coa acusada e dixo que lle estrañou que as ferramentas, entre elas a pa utilizada por Quezada para enterrar o neno, estivesen na leira e ben ordenadas. Tamén que lle chamou a atención a actitude de Ana Julia durante a busca do menor.

"Estaba sempre moi nerviosa e sempre estaba inquieta. Imos facer isto, imos facer o outro ou estaba pechada no cuarto e non saía sen que a viramos".

Desde Burgos e por videoconferencia declarou o axente que fixo a investigación na cidade castelá-leonesa, onde a acusada residiu anteriormente.

Dixo que as testemuñas que interrogou cualificaron de fría e manipuladora a Ana Julia Quezada.
Durante a sesión declararon tamén outros dous gardas civís e un axente da Policía Local de Níjar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019