CRTVG

Buscar

Serafín Romero, presidente da OMC: "A cooperación forma parate do ADN da profesión médica"

Publicado o 22/02/2019 12:57

Na entrevista do Bos días, Marcos Sueiro conversa co presidente da Organización Colexial de Médicos de España, Serafín Romero. Está en Santiago para participar no III Congreso de Cooperación Internancional da OMC

A cooperación como reto da medicina actual

"A cooperación forma parate do ADN da profesión médica porque ten moito que ver cos seus valores e principios, de axudar sempre o que máis o necesita, o que máis sofre, o que máis necesitado está da nosa atención".

"Entendiamos que era necesario protexer, desde o Colexio, os médicos prestándolles esta axuda. Hai dúas formas esenciais de axudar fóra do noso país: o que vai como cooperante, que xeralmente vai estruturado e protexido, cunha organización que coñece o terreo, e outra é cando vai como voluntario. Como voluntarios utilizan as vacacións e non levaban os requisitos mínimos de seguridade. Dificilmente se pode axudar cando o propio médico non está protexido".

É importante involucrar na cooperación os estudantes de Medicina

"É importante traballar a cooperación xa desde as facultades de Medicina. Precisamente, este terceiro congreso faise na Facultade de Medicina de Santiago, unha facultade referente en España, precisamente para facerlle ver aos estudantes as fórmulas e a forma de cooperar".

Prioridades da cooperación internacional

"Estamos priorizando entre outros temas, a crise do Mediterráneo e como se afronta a chegada e a atención a refuxiados, e neste congreso de Santiago, concretamente, imos tratar do acceso xusto aos medicamentos esenciais. A OMS asegura que a metade da poboación mundial non ten acceso aos servizos esenciais de saúde. Non teñen antiviries, antibióticos para evitar a mortaldade".

"Para nós este tema é prioritario que estea sempre na axenda política, para que un cidadán cando se pon enfermo, independentemente das crises económicas e políticas, teña a garantía de ser atendido. (...) pero fan falta os complementos, o noso traballo serve para pouco se non hai auga, se non hai alimentación, se os residuos non son tratados (...) todo isto salva máis vidas que un medicamento, tamén".

Desprotexidos en zonas de conflito

A poboación máis desprotexida son as partes extremas, maiores, nenos e despois as mulleres. Normalmente protéxese máis o maior polo que pode achegar de coñecemento. Os máis vulnerables son os que teñen dificultades para ter utilidade para o laboral ou para outro tipo de cousas".

"Como consecuencia da crise, esta parte que viñamos utilizando para a solidariedade converteuse en presuposto cero. Pero temos exemplos marabillosos como os de Salvamento Marítimo, algo descoñecido pero que salva miles de vidas na crise do Mediterráneo, e non nos damos conta".







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2019