CRTVG

Buscar

O aceite galego contará cun selo de garantía

Publicado o 16/11/2019 18:13

Queren denfeder o aceite galego e para iso presentan un selo de garantía. Deste xeito certifican a trazabilidade do produto dende que se recollen as olivas ata que se comercializa. O selo presentouno a Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia na Arnoia, que conta con 160 asociados.

Serán dez as empresas que este ano elaboren aceite con selo 100% galego. En Galicia hai 140 hectáreas con 151.000 oliveiras. O ano pasado envasaron máis de 6.000 litros de aceite, este ano poderían superar esa cifra. A variedade que máis se emprega en Galicia é a arbequina.

Para facer un litro de aceite, precísanse 10 quilos de olivas polo que, segundo os produtores este ano o litro venderase a uns 15 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019