CRTVG

Buscar

O aceite de oliva do Xurés, nas mellores mesas de España

Publicado o 10/10/2018 21:46

Das terras do Xurés sae aceite de oliva de primeira calidade. Un pequeno negocio familiar foi quen de colocalo nas mesas de case medio cento de restaurantes con estrela Michelín de distintos lugares de España. Boa parte da súa materia prima sae de aquí, de feito, teñen 6.000 oliveiras en Galicia, onde tamén deixan o 95 por cento das súas vendas.

Os seus produtos xa foron recoñecidos mesmo a nivel nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018