CRTVG

Buscar

O accidente mortal de Móstoles foi provocado por familiares das vítimas

Publicado o 26/08/2020 08:56

O accidente mortal de Móstoles foi provocado por familiares das vítimas. Trataríase de dous homes fuxidos, aos que busca a Garda Civil.

Supostamente, perseguiron e arremeteron co seu coche contra outro vehículo. No sinistro morreron tres persoas: unha menor de idade, súa nai e o seu tío. Outra rapaza de 12 anos quedou ferida de gravidade.

Os investigadores cren que unha disputa pola custodia das menores pode estar tras o suceso.

 

Noticias web

26/08/2020