CRTVG

Buscar

O accidente dunha caravana en Cádiz ocultaba un crime machista

Publicado o 14/10/2020 09:06

Non foi un accidente, senón un crime machista. O suposto sinistro dunha caravana en Cádiz, rexistrado en setembro, foi en realidade un crime que se intentou ocultar.

No vehículo accidentado atopáronse dous cadáveres, o dunha muller e a súa parella. A autopsia revela que a muller recibiu un golpe mortal na cabeza antes do accidente.

O Goberno confirma que a muller, de orixe francesa e de 41 anos, foi vítima dun asasinato machista. No que vai de ano, 36 mulleres morreron a mans das súas parellas ou exparellas.

Noticias web

14/10/2020