CRTVG

Buscar

O accidente dunha autocaravana que circulaba en sentido contrario en Cádiz foi un crime machista

Publicado o 02/10/2020 16:49

Semellaba un suceso de tráfico, pero o caso deu un xiro inesperado. Hai unha semana, unha autocaravana que circulaba en sentido contrario en Cádiz colidía cun camión e morrían os seus dous ocupantes.

Era unha muller francesa e o seu marido británico. Agora a investigación determina que se trata dun caso de violencia machista.

A autopsia determinou que a muller morrera días antes do choque, o que fai pensar que o accidente foi realmente o suicido do seu home.

Noticias web

02/10/2020