O accidente dun camión en Ourense provoca un atasco nun dos accesos á cidade
Publicado o 28/09/2021 11:53

O accidente dun camión no acceso ao centro de Ourense provocou este martes un importante atasco na cidade das Burgas.
O vehículo, que transportaba uvas e que deixou estrada parte da carga sobre a calzada, escorregou nunha das rotondas deste acceso a Ourense e alí quedou bloqueado.
Nestes momentos agárdase a retirada do vehículo e da mercadoría para poder normalizar a circulación.