CRTVG

Buscar

O acceso á praia das Catedrais debe facerse previa reserva e con máscara para pasear

Publicado o 04/07/2020 17:00

En Ribadeo o polo turístico está na praia das Catedrais. Desde principios de mes contrólase o acceso de visitantes para evitar aglomeracións no areal. Este ano, ademais de facer a reserva cómpre usar máscara para poder baixar.   

É unha visita obrigada. A praia das Catedrais todos os veráns se converte en atractivo turístico. Para evitar aglomeracións hai anos en que durante xullo, agosto e setembro se limita o aforo e nesta ocasión a novidade é que para baixar ao areal hai que usar máscara.

Trátase de que a visita á praia se faga con todas as medidas de precaución. O lugar merece a pena. De feito, acaban de estrear a bandeira azul á calidade.

Con máscara, coa reserva feita e sen aglomeracións, porque de momento non se alcanzou o límite máximo de visitantes. Así é como se leva a cabo a visita á praia das Catedrais. Por certo, que xa non é o o único punto turístico da Mariña en que se limita o aforo. Tamén os que se acheguen ao Fuciño do Porco, no Vicedo, deben facer reserva previa.

Noticias web

04/07/2020