CRTVG

Buscar

O acceso á catedral está restrinxido e a misa do peregrino celébrase en San Francisco

Publicado o 14/04/2019 23:13

Son francesas, amigas da infancia. Hai cinco anos comezaron a súa particular aventura de peregrinación, que hoxe remata en Compostela. Deste xeito, cumpren o soño de Natalie.

A emoción pode percibirse en cada recuncho da praza do Obradoiro. Este grupo naceu no camiño e foi medrando etapa a etapa. Alcanzada a meta, chega a hora de facer balance.

O acceso ao interior da catedral está restrinxido por obras. Estes días, hai que entrar polas Praterías e a misa do peregrino celébrase en San Francisco. Inconvenientes que a maioría de camiñantes nin perciben porque o obxectivo da peregrinación, unha vez en Santiago, xa está cumprido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019