O 'Abc' publica que o Goberno ofrecerá incentivos ás empresas que retornen a Cataluña
Publicado o 08/07/2021 16:02

O Goberno central prepara a axenda para negociar coa Generalitat catalana na futura mesa de diálogo bilateral. Segundo unha información do xornal ABC, Pedro Sánchez xa estaría negociando coas patronais catalás apoios fiscais para incentivar o retorno das empresas que marcharon de Cataluña nos últimos anos, e tamén para que decidan investir por primeira vez na rexión, especialmente na capital, Barcelona.