CRTVG

Buscar

O abaratamento da luz provoca o descenso do IPC nun 0,1% respecto a xullo

Publicado o 29/08/2019 11:00
O abaratamento da luz provoca o descenso do IPC nun 0,1% respecto a xullo

O Instituto Nacional de Estatística avanza que foi o abaratamento da electricidade o que influíu na moderación da inflación anual. Desta forma, a inflación anual volve rexistrar unha evolución decrecente, despois de que en xullo recuperase unha décima ao pasar do 0,4 ao 0,5 %.

En comparación mensual, os prezos de consumo baixaron en agosto un 0,1 % respecto a xullo. A variación anual do indicador adiantado o índice de prezos de consumo harmonizado ( IPCA) -que mide a evolución dos prezos co mesmo método en todos os países da zona euro-, foi do 0,4 %, dúas décimas menos que o mes anterior.

O INE publicará o dato definitivo de IPC o próximo 13 de setembro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí